Aprazado ao xoves o corte de auga en Marín
Por Redacción
O Concello de Marín informou que, por "motivos técnicos", aprázase para o xoves días 17 o corte da subministración de auga prevista para este martes 15.
O corte realizarase ás 8 da mañá do xoves tendo unha duración prevista de 24 horas.
As zonas afectadas serán Seixo, Loira, Aguete e Moledo, ademais do Porto de Marín.
O corte na subministración de auga débese ás obras de conexión que leva a cabo Acuaes.