Corte de auga en Seixo polas obras de abastecemento
Por Redacción
As obras de Acuaes para o novo abastecemento de auga afrontan estes días as tarefas de conexión da nova rede co depósito de Cadrelo.
Isto xa ocasionou esta semana un corte na rede municipal e para o vindeiro martes Acuaes avisa dunha nova interrupción da subministración que ten unha duración prevista de 24 horas, entre as 8.00 do martes 15 ata ás 8.00 horas do mércores 16.
Afectará á zona de Seixo posto que se realizará a conexión da nova rede, polo que haberá que cortar a subministración e baleirar a tubaxe que trae auga desde Pontevedra.