Poio aproba unha oferta pública de emprego para cubrir oito prazas vacantes
Por Redacción
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado venres as bases xerais para optar a oito postos vacantes no Concello de Poio, incluídos na oferta de emprego público do ano 2015.
Dese postos tres serán de libre concorrencia, mentres os cinco restantes serán cubertos por promoción interna.
As prazas de libre concorrencia corresponden a postos para un enxeñeiro técnico, un encargado xeral e un oficial fontaneiro, mentres por promoción interna serán cubertos un posto de encargado de almacén (funcionario), dous postos de oficial condutor, un de oficial de xardinería e outro de oficial de mantemento, sendo todos eles persoal laboral.
A oferta pública de emprego será públicada en próximas datas no Boletín Oficial do Estado, momento no que se abrirá o período de inscrición para optar a estes postos de traballo