O luns 21 de marzo péchanse ao tráfico as rúas Cobián Areal e Javier Puig
Por Redacción
Dende as 08:00 horas do luns 21 de marzo pechase ao tráfico as rúas Cobián Areal e Javier Puig, por mor de obras de asfaltado na intersección de Cobian Areal e Doutor Loureiro Crespo.
As obras terán unha duración dun día o que obriga a tomar medidas especiais de tráfico para garantir o acceso ao centro da cidade.
Dende primeira hora do luns, prohíbese estacionar nas seguintes rúas:
- Joaquín Costa (entre Cobián Areal e José Casal)
- Blanco Porto, por mor dos cambios nos sentidos de circulación.
CAMBIOS DE DIRECCIÓN
Co fin de garantir o acceso ao centro da cidade se habilitará o acceso da rúa Uxío Novoneira por Joaquín Costa, cara a José Casal ou Blanco Porto.
O tráfico procedente de Joaquín Costa, procedente de Sagasta, será desviado cara a Blanco Porto con saídas a Cruz Gallastegui ou Benito Corbal.