O CEIP A Carballeira contará o próximo curso con servizo de comedor
Por Redacción
O próximo curso escolar 2016-2017 o CEIP A Carballeira de Lourizán pasará a contar con servizo de comedor, atendendo así a unha reivindicación que viñan realizando a comunidade educativa e os pais de alumnos deste centro.
Trátase dun paso máis cara á opción de conciliación neste centro educativo, que conta desde inicio de curso co Plan Madruga.
O servizo de comedor estará a cargo da empresa Serunion e será xestionado pola FANPA-Pontevedra, do mesmo xeito que en resto de centros educativos públicos do municipio.
Coa incorporación do CEIP A Carballeira serán xa 17 os centros educativos de Pontevedra con servizo de comedor, dos 21 existentes na cidade.