Comezan os traballos de acondicionamento dunha senda peonil de acceso ao colexio A Carballeira
Por Redacción
Comezaron os traballos para o acondicionamento da futura senda peonil de acceso ao colexio A Carballeira de Lourizán. A nova senda aproveita o trazado dun antigo camiño que discorre polo lateral do centro educativo.
O adecentamento do sendeiro foi unha petición da asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) do colexio que transmitira no seu día ao concelleiro da parroquia, Demetrio Gómez, a súa preocupación pola seguridade dos rapaces e pedira a implantación de medidas de calmado de tráfico e seguridade vial na contorna do colexio de Educación Infantil e Primaria.
Este camiño escolar seguro súmase a outras iniciativas da ANPA destinadas a pór en valor o centro, facilitar a conciliación familiar (aposta pola programa Madruga e o comedor escolar) e incrementar a matrícula do colexio.