O Bico de Xudas marca o paso da procesión do Xoves Santo
Por Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Centos de persoas seguiron durante este Xoves Santo a procesión dos Pasos que percorreu o centro histórico de Pontevedra coa participación de sete confrarías.
A gran novidade foi a imaxe do Bico de Xudas, da Confraría da nosa señora do Amor Fermoso, que tamén realizou o percorrido co paso da Oración no Horto.
Pola súa banda a Confraría del Mayor Dolor y fieles portou o paso da Cea; a Confraría do Silencio a de Jesús Cativo e o paso da Flagelación; o paso de Jesús atado á columna transcorreu acompañada pola Confraría do Corpo Santo; o paso do Ecce Homo, pola Confraría do Espírito Santo, a imaxe da Cruz ao lombo volveu ser portada polos confrades do noso Padre Jesús coa Cruz ao lombo mentres que a Confraría da Vera-Cruz e Misericordia acompañou o paso do Santísimo Cristo da expiración e Virxe da Soidade.
Durante este Venres Santo espérase a chegada de precipitacións. A organización decidiu suspender a celebración da procesión do Encontro e, a partir das 20.00 horas, a Xeral do Santo Enterro, que partiría da Basílica de Santa María, percorrendo a avenida de Santa María, a praza de España, Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, Soportais, Manuel Quiroga e regreso á basílica a través da avenida de Santa María.
A adoración ante a Cruz comezará a partir das 23.00 horas na propia basílica de Santa María.
Relacionadas:
-
A procesión do Encontro dá remate aos actos de celebración da Semana Santa
Por Diego Torrado |
-
Representan en vivo o Rito do Desencravo
-
A procesión 'máis feminina', a do Mércores Santo coas mulleres da Maior Dor
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Nazareno cumpre a súa cita co Martes Santo
Por Diego Torrado |
-
O Cristo das Caídas, protagonista do Luns Santo
Por Mónica Patxot |