Esta madrugada cambia a hora: non esquezas adiantar o reloxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Semana Santa deste ano conta cunha hora menos. Nesta ocasión, o cambio de hora de verán prodúcese durante a noite deste sábado. De maneira que ás 2.00 horas da madrugada será necesario adiantar os reloxos, dentro da Unión Europea, e situalos ás 3.00 horas.
Entramos desta forma no considerado "horario de verán". Con esta fórmula enténdese que se amplían as horas de luz e lógrase un maior aforro enerxético.
Segundo datos do Insituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), en España o aforro chega a alcanzar os 300 millóns de euros, sobre 6 euros por familia, xa que 90 millóns corresponden ao gasto que se produce nos fogares españois polo consumo de luz.
A medida tamén atopa sectores críticos nos que se entende que este cambio de hora provoca disfuncións no soño e crea diferentes malestares e transtornos psicolóxicos.