A ministra de Fomento en funcións pide que se manteñan os investimentos en Galicia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, pediu ao próximo Goberno de España que manteñan os investimentos en infraestruturas en Galicia.
Ana Pastor acudiu este luns en Pontevedra para participar na entrega do Premio San Telmo que o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia concedeu ao Viaduto do Río Ulla, "la principal y más espectacular estructura del Eje Atlántico", segundo valorou a ministra.
Durante a súa intervención no acto, a ministra subliñou que o Eixo Atlántico rexistra desde a súa posta en servizo o 18 de abril do pasado ano 2,4 millóns de viaxeiros.
A ministra cualificou a esta infraestrutura como a "espina dorsal ferroviaria de Galicia", xa que, segundo dixo, percorre a fachada atlántica "mejorando de manera sustancial" tanto as conexións como os tempos de viaxe entre as principais cidades, "a la vez que abrió un nuevo horizonte de posibilidades tanto en lo social como en lo económico", subliñou Pastor.
Dirixíndose aos enxeñeiros e empresarios que presentes no salón de actos de Afundación durante esta entrega de premios, Ana Pastor pediulles respecto das obras do Tren de Alta Velocidade en Galicia "que se salven los modificados y que se mantengan las inversiones".
Ana Pastor considera que para terminar "una obra tan importante como esta" na que houbo un investimento, soamente na parte galega de máis de dous mil millóns ademais do viaduto sobre o Ulla, "se necesita el apoyo y la colaboración de todos".
A ministra cre que nestes momentos esta infraestrutura non corre ningún tipo de risco, desde o punto de vista político, xa que "va todo en tiempo y en dinero" lembrando que os Orzamentos Xerais do Estado para 2016 están aprobados "por lo que no hay ningún tipo de problema para que llegue el AVE a Galicia en 2018", asegurou a titular de Fomento.
Pola súa banda, o vicepresidente do Colexio de Inxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, José Manuel Loureda, aproveitou a presenza da ministra para reclamar unha maior inversión en obra pública. "La inversión en obra pública reduce sustancialmente el paro en el país, sólo dedica el 30% de la inversión a la energía externa y permite que España sea un referente en construcción de obra pública en el exterior. Si fuera reconocen la formación y la experiencia de los ingenieros españoles es porque hay trabajo en España", apuntou.
De feito, Loureda asegurou que "hay 3.000 ingenieros que trabajan fuera de España y para que eso siga siendo posible es necesario que se siga invirtiendo en obra pública".
No seu discurso, a ministra de Fomento contestoulles dicindo que "las inversiones tienen que ser las que tienen retorno social y económico", e citou como exemplo o caso do Eixo Atlántico.
Pastor lembrou que "los que no nos querían bien" dicían que a ministra investía nun Eixo de Alta velocidade "que no era necesario", mentres que ela dicía "que no queriamos ser más que los demas pero tampoco menos". A día de hoxe, segundo a ministra "demostramos que es una de las líneas de alta velocidad más utilizadas de toda España y la que más creció por volumen en kilómetros de la historia del AVE, yo creo que eso hay que destarcalo".
Por estes motivos, Ana Pastor cre que "hay que seguir haciendo un esfuerzo en el presupuesto", polo que dirixiu unha mensaxe a "quien tenga la responsabilidad" e asumiu o compromiso "en el caso de que yo la tuviese" de "seguir haciendo el mismo esfuerzo que hice hasta ahora".
ACCESITS
A titular de Fomento tamén se destacou o mérito reunido polos tres accésits do Premio San Telmo deste ano: o Nó do Pino (que o Ministerio de Fomento puxo en servizo en xuño do ano 2013 e que supuxo unha considerable mellora da seguridade, a accesibilidade e a mobilidade en todo a área metropolitana da cidade); a primeira fase das actuacións de mellora da operatividade dos peiraos comerciais do Porto de Vigo; e a conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos, unha obra dependente da Xunta de Galicia.