As probas de ADN dos restos de Bora cruzaranse con datos de desaparecidos
Por Oskar Viéitez
Os investigadores prevén cruzar os resultados das probas de ADN cos datos de desaparecidos para determinar a quen corresponden os restos óseos humanos localizados o pasado xoves en Bora.
Foi o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, quen sinalou que non se dispón de nova información acerca da identidade.
"Son unos restos que llevaban ya bastante tiempo en el lugar donde aparecieron. Y corresponde hacer ahora las pruebas de ADN para determinar la identificación. Una vez se tengan esos datos, cruzar con datos de posiblesdesaparecidos o denuncias en la zona o en otros lugares y fijar a quién corresponden esos huesos", explicou.
A Policía e as autoridades xudiciais abriron unha investigación para tratar de determinar a orixe dos restos óseos.
Foi un veciño de Bora o que localizou un cranio e un fémur humanos nunha leira, a onde se desprazaron efectivos da Policía Nacional.
Relacionadas:
-
Os ósos atopados en Bora son dun pontevedrés que desapareceu no 2012
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga |
-
As primeiras investigacións apuntan a que os restos atopados en Bora corresponden a un home
Por Redacción |
-
Aparecen restos humanos nunha finca de Bora próxima o río Lérez
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |