Alumnos de Caldas, camiño de Santiago polo 'Rally sen fronteiras'
Por Redacción
Os alumnos de 4º da ESO do CPR San Fermín de Caldas de Reis terán a oportunidade de representar ao municipio caldense na final galega do IV certame de ciencias e matemáticas 'Rally sen fronteiras', organizado polo Instituto Galego de Ciencia (IGACIENCIA).
Desta maneira, os sete mozos representantes do colexio caldense, poderán demostrar as súas habilidades no evento realizado o próximo 8 de abril, na Facultade de Química de Santiago de Compostela.
O premio para os gañadores será acudir á gran final europea que se celebrará en Francia, na localidade de Toulouse, en maio.
Todos os alumnos participantes deberán presentarse co seu DNI correspondente, evitando que ninguén poida suplantar a identidade de cada estudante.