A "galeguidade" de Rei Zentolo renóvase no mercado online
Por Redacción
O humorista David Amor será o padriño da marca galega de creación artística e deseños Rei Zentolo, que presentará ante todo o público asistente a súa nova tenda en liña ademais do novo catálogo de produtos que ofrecerá neste ano 2016.
Salvador Vázquez e Pablo Rodríguez, dous dos creadores da empresa galega, estarán presentes o vindeiro venres 1 de abril no Salón Social do Café Moderno de Pontevedra, a partir das 20:00 horas, na inauguración da nova tenda online.
A marca galega, creada por tres universitarios en 2003, segue coa súa aposta de mesturar a cultura popular de Galicia coa estética de pop-art anglosaxoa que lle levou a abrir 9 establecementos, repartíndose entre Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Allariz.
Deste xeito, a entidade quere celebrar con todos o seu impulso pola globalidade e o mercado online, onde seguirán presentes a súa retranca, o concepto, os seus valores ou as súas mensaxes, apostando pola arte e a creatividade a través de debuxos e textos.