Os institutos Sánchez Cantón e Ponte Caldelas, finalistas do Club de Debate
Por Redacción
O colexio Salvador Moreno e os IES A Xunqueira I, Luís Seoane, Poio, Ponte Caldelas, Sánchez Cantón e Torrente Ballester participaron este sábado no Pazo da Cultura na fase preliminar do Club de Debate que organiza o Concello de Pontevedra demostrando un importante nivel de argumentación acompañado dun gran compañeirismo.
Os institutos de Ponte Caldelas e Sánchez Cantón foron os máis valorados polo xurado pasando á fase final que se disputará no Café Moderno o día 23 de febreiro, onde terán que debater sobre " Temos liberdade para escoller a lingua que falamos? ".
O gañador acudirá o día 4 de maio á fase galega que se celebrará en Santiago de Compostela.