O Catastro négase a eximir do IBI ás leiras urbanas sen servizos da Lama
Por Redacción
O xerente do catastro respondeu negativamente á petición feita polo Pleno da Corporación Municipal da Lama no que se lle pedía ao organismo de Facenda que non se aplicase o IBI urbano nos terreos nas áreas de tolerancia dos núcleos urbanos que non teñan construcións nin servizos de abastecemento de auga, rede de sumidoiros, etc.
Na súa argumentación a Xerencia do Catastro en Pontevedra indica que en canto se aprobe a novo PXOM para o municipio da Lama será a partir de entón cando resulte posible expor a realización dun procedemento simplificado de valoración colectiva para a eventual desclasificación de chan.
Entre tanto se manteñen invariables os valores catastrais resultantes da aplicación da ponencia vixente, segundo indicou a Xerencia do Catastro de Pontevedra.
O alcalde Jorge Canda lembra que unha das súas prioridades é dotar ao Concello da Lama dun novo Plan Xeral que elimine todos estes problemas para o que solicitou xa desde a aprobación da nova Lei do Solo de Galicia, e que entrou en vigor hai escasos días, a colaboración da Xunta para comezar coa súa redacción canto antes.