Reparan a entrada á pasarela de madeira do paseo fluvial do Lérez
Por Alejandro Espiño
A senda do Lérez está, desde este mércores, en obras. O Concello de Pontevedra decidiu ampliar a zona de tránsito peonil e ciclista desde a praia fluvial ata as inmediacións de Monte Porreiro, concretamente a entrada ao paseo de madeira que vai paralelo ao río.
Segundo explicou o edil Luís Bará, búscase gañar espazos para ampliar a devandita mobilidade, pero iso non implicará a redución das beirarrúas xa que se utilizarán áreas xa existentes actualmente e que non tiñan uso, como a que hai nas inmediacións da vella ponte do ferrocarril.
Ademais, ordenouse tamén o arranxo da entrada ao paseo de madeira e a restauración do tramo inicial desta pasarela, que se atopa actualmente afundida e en moi mal estado e onde se prohibiu o paso ante o risco para a seguridade dos viandantes.
En concreto, o goberno municipal investirá nestas actuacións 40.986,40 euros, dos cales 7.875 son para reparación da pasarela de madeira.
Xunto a estas obras, Luís Bará detallou que se comezou a pavimentar rúas da cidade que se atopaban en mal estado como a Praza de Europa de Monte Porreiro, onde tamén se mellorarán a recollida de pluviais e a accesibilidade, ou no Parque das Camelias na Parda.
En breve, levará a cabo unha actuación similar no ámbito de Pilar Bértola, Campo do Boi e Jofre de Tenorio. Nesta última investiranse case 50.000 euros.
Relacionadas:
-
A senda do Lérez ampliarase ata o río Almofrei
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan distintas pavimentacións no ámbito de Jofre de Tenorio
Por Redacción |
-
O Concello mellora a senda peonil do Lérez entre o carril-bici e a praia fluvial
Por Redacción |
-
Xa está completa a senda do Lérez pola marxe dereita do río ata a praia de Couso
Por Redacción |