Comezan distintas pavimentacións no ámbito de Jofre de Tenorio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra ten previstas distintas pavimentacións no ámbito de Xofre de Tenorio, porque o firme xa esgotou a súa vida útil.
Cun orzamento de 49.897,66 euros está prevista a pavimentación da rúa do Ouro, Xan Guillermo, Campo do Boi, Cornelis de Holanda e Pilar Bértola.
Sobre as obras da rúa dos Campos, o concelleiro Luis Bará anunciou que poderán estar rematadas a finais de mes ou a primeiros de maio, xa que están completando a pavimentación da calzada e as beirarrúas, e queda pendente a execución dun tramo de senda peonil entre a antiga escola de Os Campos até a rúa Santa Margarida.
Relacionadas:
-
As obras nos Campos entran na súa recta final
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Reparan a entrada á pasarela de madeira do paseo fluvial do Lérez
Por Alejandro Espiño |