O PP de Marín suma catro estradas á petición de arranxo de Marea no viario A Brea-Castro
Por Redacción
O próximo Pleno Municipal de Marín debaterá sobre o estado de cinco viarios do municipio coa intención do seu arranxo sexa incluído no Plan Móvese da Deputación de Pontevedra.
Así será tras a emenda do grupo do Partido Popular á moción presentada por Marea Marín, na que solicitaba a urxente mellora da seguridade viaria na estrada A Brea-Castro.
Nesa emenda o PP inclúe as peticións que xa se realizaron á Deputación.
En concreto, pídese a mellora da estrada entre Figueirido e Marín (EP-0019), coa reposición da sinalización, a instalación de lombos na zona urbanizada en 2012 e o ensache e urbanización da segunda fase de beirarrúas.
Outra das estradas é a que une Marín e Penizas (EP-1201), cunha repavimentación, a redución de velocidade a 30 km/h e o reforzo da sinalización.
No viario entre Seixo e Santomé de Piñeiro (EP-1202) pídese o ensanche da ponte sobre o río Loira, unha rotonda no cruzamento de Brea con Castro, asfaltado, pasos elevados nalgunha das zonas e redución da velocidade a 30 km/h.
Por último inclúese nas peticións a EP-1203 entre Campo e Pardavila, na que se pretende canalizar os pluviais, analizar as posibilidades de ensanche e o asfaltado da via.