O infarto do ocupante dun coche provoca un accidente en Cuntis
Por Redacción
O infarto sufrido por unha persoa que viaxaba como ocupante dun turismo provocou un accidente de tráfico na estrada PO-220.
O suceso tivo lugar este luns no lugar de Vilameán, no Concello de Cuntis.
Durante o ataque cardíaco do pasaxeiro a condutora saíuse da vía chocando co seu vehículo contra un muro.
O ocupante faleceu como consecuencia do infarto.