Abel Caballero ve a Tino Fernández como o "referente" do PSOE en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
"Me alegra ver que sigues con la cabeza sobre los hombros", díxolle Abel Caballero a Agustín Fernández ante a polémica xurdida nas últimas horas sobre as supostas presións exercidas desde o BNG para que os socialistas cesasen ao seu portavoz municipal. O dito polo PP, para o alcalde de Vigo, é unha "simpleza política sin ninguna relevancia" cara a un político ao que ve como o "referente" do PSOE na cidade de Pontevedra.
"Mi impresión sobre Tino es inmejorable", sinalou o rexedor da cidade olívica, actualmente embarcado nunha xira por diferentes localidades galegas para contribuír ao necesario proceso de "unificación" no PSdeG-PSOE despois dunha tempada na que "no es que no estemos unidos, pero sí estamos un poco al ralentí".
Diso conversaron ambos os dirixentes, acompañados entre outros pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, porque todos eles entenden que o eixo Vigo-Pontevedra-Vilagarcía funciona "francamente bien" e está a conseguir que a provincia forme un "núcleo compacto" dentro do PSdG-PSOE, unha unión que "está intentando dar vigor" aos socialistas galegos.
Neste traballo, dixo Caballero, Agustín Fernández terá un papel "fundamental" como líder dos socialistas pontevedreses, a persoa que se encargará na cidade deste "nuevo tiempo" que se pretende abrir no PSOE galego porque, segundo o alcalde de Vigo, "tiene capacidad política, liderazgo y ha puesto a Pontevedra en el mapa".
Caballero asegurou que un PSdeG-PSOE unido "no tiene techo ni límite" e vaticinou que tras as próximas eleccións autonómicas "habrá un presidente socialista", especialmente ao comprobar que enfronte terán a un Alberto Núñez Feijóo "aburrido de Galicia" para o que repetir como candidato do PPdeG é a "terceira opción", tras tentar, segundo o dirixente socialista, dar o salto a Madrid ou á empresa privada.
"Es un candidato muy endeble porque no hay peor candidato que uno que no quiere serlo", sinalou, sen querer desvelar as súas preferencias como cabeza de cartel do PSdeG-PSOE porque por agora "hay gente que dice nombres, yo ninguno", porque a prioridade é traballar para unir ao partido en Galicia algo que "va a facilitar que tengamos el mejor candidato".
TINO RESPONDE AO PP
Agustín Fernández, pola súa banda, tamén destacou a necesidade de que Vigo e Pontevedra traballen xuntos "para buscar puntos de acordo" para mellorar as condicións de amas cidades máis aló, dixo, de "liortas artificiais".
Ademais, o dirixente socialista aproveitou esta comparecencia para contestar ao devandito polo PP sobre a suposta chamada de Lores a Carmela Silva pedindo o seu cesamento como portavoz municipal.
Para Fernández, os populares deberían ser declarados "zona política catastrófica" e asegurou que os votantes do PP estarán "arrepentidos" de apoialos nas últimas eleccións, polo que lles recomendou que "se poñan a traballar" e deixen de lado as súas "ocorrencias".
Relacionadas:
-
O PP cre que Caballero ratificou a Tino Fernández como fan os equipos de fútbol antes de botar ó adestrador
Por Oskar Viéitez |
-
Lores e Caballero escenifican un "diálogo permanente" entre Pontevedra e Vigo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Lores nega ter chamado a Carmela Silva para pedir "a cabeza de Tino Fernández", como asegura o PP
Por Oskar Viéitez & Anxo Lourido |