A maxia de 1.200 palilleiras tecendo os seus encaixes invade o Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado
Máis de 1.200 palilleiras amosando como fan o seu traballo, todo a un mesmo tempo e nun mesmo lugar. A escena, que se viviu este domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra, deixou impactado a máis dun espectador, que quedou absorto pola 'maxia' do tecer encaixe de bolillos e do traballo das mans destas artesás que se deron cita no XI Encontro de Palilleiras organizado pola asociación A Fieitiña.
Un ano máis, as palilleiras reuníronse para mostrar as súas habilidades no recinto feiral do Pazo da Cultura e fixérono durante dez horas, entre as 10.00 horas ata as 20.00 horas.
Ademais de coñecer de preto como traballan, o público asistente tamén puido visitar unha exposición exclusiva para este evento para a que se realizaron "palillóns" únicos que mostrarán ao encaixe típico galego e na que tamén se puideron ver pleitas, puntillas que se realizaban en 1800.
Entre os participantes deste ano hai palilleiras chegadas de toda a comunidade galega e de diferentes puntos de España, destacando un autobús con 55 personas chegado de Zamora, e tamén artesás que se desprazaron dende Portugal.