A media de precipitacións nestes primeiros meses do ano triplica a rexistrada en 2015
Por Redacción
Francisco Marín, presidente da Confederación Hidográfica Miño-Sil, afirma que este ano se están a rexistrar unha presenza de chuvias pouco habituais. E, segundo os datos que manexa, a precipitación media nos meses de xaneiro e febreiro durante este ano 2016 na provincia situouse en 1.300 litros por metro cadrado. A media habitual sitúase en 570 litros e en 2015, a cifra era de 450 litros, tres veces menos que este ano.
Estas choivas foron intensas, segundo comentaba Francisco Marín ante o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, con concellos que recolleron 200 litros por metro cadrado en 24 horas, con ventos que superaban o 100 km/hora.
Esta situación provocou o arrastre de diferentes materiais na canle dos ríos con taponamiento de infraestruturas, que están a aparecer agora cando baixan as augas dos ríos. O ministerio de Medio Ambiente investirá 400.000 euros na mellora das sendas dos ríos que afectan a contorna do Miño como o Louro, Tea, Tamuxe, Pego, Cereixo e outros afluentes. Estes traballos comezarán durante a primeira semana de maio.
Cinco brigadas de catro operarios encargaranse de eliminar tapóns, acarreos e restos vexetais e ocuparanse da restauración das marxes máis debilitadas polas crecidas.