Codillo estofado con patacas asadas e guarnición, menú para o 15 de maio na Lama
Por Redacción
O xurado encargado de realizar a cata previa á celebración da Festa do Codillo, que terá lugar na Alameda da Lama o domingo 15 de maio, decantouse por unanimidade pola prepación estofada, con guarnición e patacas asadas presentada pola empresa Grupo Galego de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), dirixida por Rosa María Fragueiro.
Os examinadores, entre os que estaba o propio alcalde Jorge Canda e o secretario municipal, Gonzalo Porto, tamén probaron o "Codillo á Mazá", con pisto de calabacín e arroz branco, así como "Codillo á Cazadora", con espinacas salteadas e pementos do piquillo recheos que, aínda que a xuízo dos catadores estaban magníficos, decantáronse polo "Codillo Estofado".
Por outra banda, o alcalde, Jorge Canda, aproveitou a cata para lembrar que a XVI Festa do Codillo da Lama celebrarase o domingo 15 de maio, a partir das 14 horas, na Alameda lamense e no que se contempla un prezo para as racións de 12 euros.
Canda manifestou a súa satisfacción polo gran interese que levanta esta festa non só entre os residentes no municipio senón entre os centos de persoas que se achegan ata A Lama para participar neste evento de exaltación gastronómica dun dos manxares máis populares de Galicia, neste caso o codillo.
Nesta ocasión as racións previstas pola organización roldarán o milleiro e ademais do popular e saboroso codillo, van acompañadas de pan e viño, así como un prato de barro e servizos co fin de poder favorecer a degustación deste manxar que desde hai anos homenaxéase e exalta na Alameda da Lama.
Novamente a empresa Cátering Arelas será a encargada de servir as racións de codillo, pan e viño que terá un prezo popular de 12 euros para favorecer a participación cidadá que prevé superar amplamente as cifras da edición pasada.