O Concello de Sanxenxo comprométese a construir o novo Colexio de Vilalonga
Por Redacción
A concelleira de Educación en Sanxenxo, Paz Lago, e a súa homóloga de Urbanismo, Maria Deza, expuxeron aos colectivos de Vilalonga o compromiso do Goberno local coa construción do novo colexio. As representantes municipais mantiveron unha reunión cos representantes do Anpa do CEIP Cruceiro, da comisións de festas e asociacións de veciños de Vilalonga e de Gondar, da agrupación de amoleceres rurais 'A Candelaria' e da Sociedade de Caza A Lanzada. Durante este encontro explicaron que quedaron inutilizados máis de cinco mil metros cadrados no medio do soar polo Plan de Ordenación do Litoral. Desta forma, o terreo cedido pola Consellería de Educación cedido en 2009 quedou dividido en dous terreos dos que nin a metade son útiles. Un espazo insuficiente para a construción do novo colexio coa pista polideportiva prevista.
O Concello negocia agora a adquisición de máis parcelas para o que xa está en conversacións cos seus propietarios. Dende o goberno local de Sanxenxo agardan que exista boa disposición por parte dos donos dos terreos para comprar os terreos a menos de 30 euros o metro cadrado, contía na que se establecía a taxación en 2009.
A Administración local terá que destinar agora preto de 110 mil euros para conseguir os novos terreos. A esta cantidade súmanse os máis de dous millóns de euros achegados xa no seu día para lograr a titularidade do espazo de máis de 50 mil metros cadrados no Revel e a outros dous millóns de euros dedicados á construción da Escola Infantil e ao Campo de Fútbol Municipal.
Relacionadas:
-
O goberno de Sanxenxo mantén que a construción do novo colexio de Vilalonga é prioritaria
Por Redacción |
-
Urbanismo inicia as expropiacións na zona do Revel
Por Redacción |
-
Sanxenxo expropiará os terreos do Revel para a construción do novo colexio
Por Redacción |
-
Sanxenxo volverá negociar con Velón a compra dos terreos para o CEIP O Cruceiro
Por Oskar Viéitez |