O PP lamenta o mal estado que presenta a praia fluvial da Calzada
Por Redacción
O Partido Popular de Ponte Caldelas celebra que se manteña a bandeira azul á praia fluvial da Calzada "a pesar do mal estado" que, ao seu xuízo, presenta nos últimos meses.
Os populares afirman estar "tristemente sorprendidos" polo "abandono" do paseo, do parque infantil e da zona recreativa "que actualmente carece de herba tras o paso do inverno e a falta coidado por parte do Concello".
O portavoz popular Ricardo Castro espera que se repare e se manteña "como se facía anteriormente".
Tamén critican que o goberno local non solicitase unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia. "Pérdese unha posibilidade de investimento de ata 120.000 euros para Ponte Caldelas, non sabemos se pola incompetencia de Andrés Díaz que non sabe xestionar estes proxectos ou porque deliberadamente decidiu non pedila para seguir coa súa estratexia de dicir que a Xunta de Galicia non inviste en Ponte Caldelas", afirman os populares.