A contorna da praia da Calzada xa está "en perfecto estado" de cara ao verán
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, supervisou este venres o resultado dos traballos de reparación na contorna da praia da Calzada, a única de toda España que conta con bandeira azul, e que está a quedar "en perfecto estado de revista" de cara ao verán.
Os traballos son realizados pola Brigada Municipal de Obras no momento en que así estaba previsto polo goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, BNG e AVP) tirando partido da melloría no tempo porque algunhas das tarefas son imposibles en condicións de choiva.
Andrés Díaz indicou que buscáronse datas próximas á fin de semana grande da Festa da Troita (que chegará os próximos días 28 e 29), que funcionan tamén como preludio da temporada de verán, na que este areal convértese no principal aliciente turístico e de lecer do municipio.
Ademais, explicou, "non ten sentido facelo antes, posto que as crecidas invernais poden arruinar as reparacións se se fan antes de tempo".
Os operarios da brigada procederon a unha limpeza e desbroce xeral e puxeron especial coidado en acondicionar o aparcamento. Ao tempo repararon todos os tramos do valado. A parte máis delicada das obras ten que ver coa pasarela de madeira, que está case completamente apodrecida, o que obriga a substituíla. Mentres se procede á retirada sinalizouse a zona para evitar accidentes. En pouco tempo quedará renovada con madeira resistente á humidade e material antiesbarante.
Por outra banda, o alcalde destacou que o seguinte paso, que se vai afrontar inmediatamente será a reparación integral dos servizos hixiénicos, pois están moi deteriorados polas accións vandálicas. A necesidade de reparar portas, instalacións eléctricas e substituír algúns dos elementos levará aínda algúns días.
A praia fluvial locerá este ano no seu máximo esplendor, destacou Andrés Díaz, pois o Concello ten xa en marcha o proceso para realizar as "obras brandas" do sendeiro azul, é dicir, a ruta circular que partindo da praia, e cunha lonxitude de 8,5 quilómetros permitirá gozar das beiras do río Verdugo e os seus elementos naturais e etnográficos.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas sumarase á rede galega de praias sen fume
Por Redacción |
-
O sendeiro azul do río Verdugo estará operativo a finais de xullo
Por Redacción |
-
Dúas carpas cubrirán toda a Alameda de Ponte Caldelas para a Festa da Troita
Por Redacción |
-
O PP lamenta o mal estado que presenta a praia fluvial da Calzada
Por Redacción |