Sete abandonos diarios, media de actuación da canceira provincial
Por Redacción
O Centro de Acollida de Animais Abandonados (CAAN) que xestiona a Deputación de Pontevedra na Armenteira atendeu xa durante este ano un total de 655 avisos por abandono de cans nos municipios da provincia.
Isto supón unha media de sete abandonos diarios, demasiados, e é que a canceira provincial recolleu desde a súa apertura en 2013 a 4.000 cans abandonados.
No lado contrario, durante este 2016 tramitáronse 165 adopcións, o que supón unha media de case dúas ao día, e ademais devolveron aos seus donos 141 animais perdidos que contaban con dispositivo de identificación.
Por municipios, o máis activo en comunicar a aparición de cans soltos e abandonas é Sanxenxo, con 42 avisos nos primeiros meses de ano. Ademais, na comarca destacan os datos de Vilanova (33), Meis (26) ou Barro (26).
No caso dos municipios limítrofes co CAAN os números adoitan ser maiores que no resto de localidades debido a que algunha xente abandona ao seu can preto da canceira. Deste xeito Meis, Sanxenxo ou Vilanova superaron en 2015 o cento de abandonos.
Relacionadas:
-
Inician unha campaña contra o abandono de cans porque "está na túa man"
Por Diego Espiño |
-
A asociación animalista Libera pide que a canceira provincial aclare cantos cans sacrifica
Por Redacción |
-
Anxo, o primeiro can acollido en Armenteira, atopa unha familia despois case tres anos
Por Redacción |
-
Unha iniciativa autonómica busca prohibir o sacrificio na canceira provincial
Por Redacción |
-
Atopan un can na autovía do Salnés que desaparecera hai un ano en Vigo
Por Redacción |