A Xunta toma nota das deficiencias do Lago de Castiñeiras despois de facer unha inspección ao parque
Por Oskar Viéitez
A Xefa de Área de Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente, Susana Torres Bravo, fixo este xoves unha inspección á zona do Parque Castiñeiras correspondente ó monte vecinal de San Martiño de Vilaboa acompañada de varios representates desa comunidade.
Na visita detectáronse unha serie de deficiencias das que a representante da Xunta tomou nota para proceder ao seu arranxo. Entre outras, as máis salientables foron a existencia de varios abedules danados y secos no entorno do lago, que é preciso cortar fundamentalmente polo risco que pode suponer a súa caída para a integridade física dos visitantes do parque.
Tamén constatouse a necesidade de reparar as balaustradas no perímetro do monte obxecto de convenio e tamén reparar ou substituir as entradas ó perímetro que tamén están danadas. Do mesmo xeito procederase á reparación e acondicionamento dos baños públicos que están en un pésimo estado, das casetas de madeira que albergan os contentores de lixo e das fugas de agua do muro de contención do propio lago.
Ademáis da limpeza e poda dos árbores do monte conveniado, á limpeza da Mamoa do Rei que está chea de matogueira.
E á sinalización na zona do Lago con carteis indicativos da localización das mámoas, baños públicos, quioscos e demáis puntos de interese.
A Xunta Rectora da Comunidade de montes de San Martiño de Vilaboa vai "esperar un tempo prudencial" para ver se a Consellería de Medio Ambiente acomete as reparacións das deficiencias comprobadas este xoves no parque Castiñeiras, "noutro caso non lle quedará outro remedio que esixir o seu cumprimento pola vía xudicial", advertiron.
Relacionadas:
-
Así serán os novos asadores do Lago de Castiñeiras
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian que a Xunta mantén abandonado o Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
O traslado a Cotobade do centro de recuperación da fauna silvestre de Cotorredondo, optimización ou despilfarro?
Por Oskar Viéitez |
-
Bota a andar ao grupo de traballo para "salvar" Castiñeiras
Por Redacción |