Instan á Xunta a tomar medidas pola sinistralidade da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal de Marea Veciñal de Marín vai presentar unha moción na que instan ao goberno local a que solicite unha entrevista cos responsables de Estradas da Xunta de Galicia e que doten á Variante de Marín, a VG. 4.4, das medidas necesarias para a redución da sinistralidade.
Entre outras medidas citan a instalación de medianas para separar os carrís de circulación ou limitar a velocidade, unhas decisións que deberán ser adoptadas por técnicos na materia, segundo matizan.
Con esta moción a Marea faise eco das queixas da Federación de Veciños Ría de Marín, que agrupa a 14 colectivos do municipio, ante a elevada sinistralidade deste vial.
Tamén o BNG ten alertado desta accidentalidade e a gravidade dos casos pese á baixa densidad de tráfico no vial.
Relacionadas:
-
Os novos radares instalados por Tráfico aínda non están a funcionar
Por Oskar Viéitez |
-
Incrementan a adherencia do firme da Variante de Marín
Por Redacción |
-
A Xunta descarta, polo de agora, reducir a velocidade e opta por actuar sobre o firme da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Falece o condutor excarcerado no accidente da variante de Marín
Por Redacción |
-
Unha persoa ferida en dúas saídas de vía ocorridas á primeira hora na variante de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O punto negro da Variante de Marín, escenario dun novo accidente cunha muller ferida
Por Redacción |
-
Ferida unha condutora tras dar co seu coche varias voltas de campá
Por Diego Torrado |
-
A saraiba ocasiona un accidente con feridos na variante de Marín
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
A Xunta citará nos vindeiros días aos veciños afectados polas expropiacións da Variante de Marín
Por Redacción |