Atención a todos os interesados en xestionar os servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar e Canelas
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo saca a concurso a contratación dos servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar e Canelas por un período dun ano por 127.000 euros, cantidade á que haberá que sumarlle o IVE.
A Xunta de Goberno aprobou este venres as cláusulas administrativas do contrato, que pode ser prorrogable anualmente durante outros tres anos. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas deberán facelo no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, excepto os sábados, que será de 9.00 a 13.00 horas, dentro dos 15 días naturais posteriores á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial, DOG e perfil do contratante da web municipal.
O Lote A corresponde á praia de Silgar, na que o prezo de licitación é de 77.000 euros e inclúe a instalación de tres quioscos de 20 metros cadrados coas súas respectivas terrazas de 30 metros cadrados cada unha delas, ademais de 28 hidropedales, 176 tumbonas, 12 piraguas e 3 casetas para aveños.
O Lote B corresponde á praia de Baltar, que sae a licitación por un importe de 15.000 euros máis IVE e contempla a instalación dun quiosco de 20 metros cadrados máis unha terraza de 40 m2, ademais dunha caseta para aveños.
O lote C é o relativo á praia de Canelas, que sae a licitación por 35.000 euros e inclúe a instalación de dous quioscos de 20 metros cadrados con senllas terrazas de 40 metros cadrados cada unha, ademais de dúas casetas para aveños, 14 hidropedais, 7 piraguas e 24 tumbonas e antucas.
Relacionadas:
-
Retiran de Baltar e Silgar as casetas de dous vellos baños públicos sen uso
Por Redacción |
-
As praias pontevedresas presumen de bandeiras azuis con Sanxenxo á cabeza
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo pide permiso a Costas para ter servizos en nove praias
Por Redacción |
-
Nove praias de Sanxenxo lucirán a 'Q de Calidad' no verán de 2016 ao obter seis novos distintivos
Por Redacción |