Poñen en marcha unha campaña de 'crowdfunding' para pagar dous valos publicitarios antitaurinos
Por Redacción
A asociación animalista Libera quere colocar en Pontevedra dous grandes valos publicitarios antitaurinos na mesma liña que as instaladas o verán pasado noutras cidades como A Coruña, pero atopouse con que carece dos fondos económicos suficientes para facelo, de modo que recorreu ao micromecenazgo ou 'crowdfunding' para financiar a iniciativa.
A organización puxo en marcha unha campaña para recadar os 1.000 euros necesarios para contratar os dous valos, dos que xa recadaron o 8 por cento nos primeiros días de actividade. Pode coñecerse máis detalles nesta ligazón.
Para pedir o apoio dos cidadáns á súa campaña, os animalistas lembran que o Concello de Pontevedra investiu desde o ano 2000 máis de 740.000 euros en convenios de uso da praza de touros, a pesar de que as instalacións tan só se utiiízan de forma puntual ao longo de ano en actividades como o torneo medieval da Feira Franca. Eles falan de "unhas horas cada ano", aínda que o Concello sempre falou de varios días e actividades ao ano.
Coa súa campaña queren deixar clara a opinión que consideran maioritaria entre os pontevedreses, "contrarios á pervivencia deste pacto económico" entre o Concello e a empresa propietaria da praza de touros e lembran que a petición que mantienene na plataforma Change.org para pedir a supresión do convenio suma máis de 81.000 sinaturas.