'Ferse 1979' presenta nova liña inaugurando xoiería-pratería na Oliva
O ano 1979 marca o comezo do soño dun xoieiro que a golpe de sorrisos e profesionalidade, logra crear en Pontevedra o que é hoxe Xoiería Ferse. Nel e no seu traballo inspírase o novo proxecto denominado 'FERSE 1979'.
Este xoves abría as súas portas a nova xoiería Ferse, situada na céntrica rúa Oliva, número 5 de Pontevedra. Moitos clientes, xa convertidos en amigos, e numerosos representantes de diferentes sectores da nosa cidade acudiron á inauguración desta nova tenda.
Jorge Fernández Couto, fillo do fundador de Ferse, e Marta Carlini, comparten proxecto profesional e vital. Unha forma de vida que se traduce nun compromiso cos seus clientes e unha procura constante de novos camiños, sempre atentos ás últimas tendencias no mundo da xoiería.
'FERSE 1979' presenta liña propia de prata de lei, que é a expresión máis viva dun estilo único. Un paso máis na súa aposta polo deseño e a innovación. Un proxecto de futuro no que se acompaña de marcas de referencia como Pandora, Bering e Diamonfire.