A conselleira de Medio Ambiente esixe a Ence que invista xa na ría de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pediu a Ence que actúe de maneira inmediata e realice os seus investimentos na ría de Pontevedra. A responsable ambiental da Xunta de Galicia confirmou que a empresa pasteira xa presentou fai tres semanas a solicitude dun Pacto ambiental co compromiso de investir 176 millóns de euros en Pontevedra.
Mato cualifica como moi positivo o acordo de Ence coas confrarías para que axude no financiamento dunha embarcación especial que será fundamental no Proxecto de Rexeneración dos Bancos Marisqueiros. Pero a conselleira insistiu en que Ence, a pesar de estar a dar aos poucos respostas ao mundo do mar, aínda ten que comprometerse máis con Pontevedra e coa súa comarca.
XORNADA DE SOGAMA
Beatriz Mato participaba na inauguración da xornada promovida por Sogama en Afundación baixo o título "Galicia, na senda da economía circular". no que se analiza o presente e o futuro da xestión dos residuos urbanos en Galicia e a importancia da economía circular a través de técnicas de reciclaxe.
Segundo sinalou a conselleira esta iniciativa axuda a sensibilizar á cidadanía e ás empresas aproveitando a celebración o 5 de xuño do Día Internacional do Medio Ambiente.
Neste sentido, tamén considera positivo que o Concello de Pontevedra realice propostas de compostaxe coa posta en marcha dunha planta e un novo sistema de recollida. Apuntou que hai outras fórmulas para mellorar o tratamento dos residuos máis aló da compostaxe, pero considera que cada administración ten dereito a xestionala.
Xornada de Sogama: 'Galicia, na senda da economía circular'
© Mónica Patxot
A conselleira de Medio Ambiente reclama investimentos inmediatos a Ence
Beatriz Mato. Conselleira de Medio Ambiente
CC BY-NC-SA PontevedraViva