Ponte Sampaio perde a batalla contra os franceses
Por Oskar Viéitez
A parroquia de Ponte Sampaio perde a recreación da batalla contra os franceses que cae do programa conmemorativo organizado para este sábado.
Nesta ocasión non virán os recreadores que nos últimos anos lembraban a contenda librada no ano 1809 sobre a ponte medieval.
A asociación de veciños Heroes de Pontesampaio 1809, reducirá os actos a un desfile dos distintos grupos de baile do centro cultural Beira do Río da parroquia, do centro cultural de Mañufe, de Gondomar e do CEIP de Fornelos de Montes.
A ofrenda dunha coroa de flores e a tirada de caraveis ao río Verdugo lembrará a xesta vivida nestas paraxes.
A comisión de festas do Carmen de Ponte Sampaio poñerá á venda xamón asado e orella a prezos populares.