O goberno local aproba a construción dun auditorio ao aire libre en Salcedo
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra ven de aprobar o proxecto e contratación de novas actuacións na parroquia de Salcedo. Concretamente, ao redor do eixo formado pola Casa da Xunta de Montes, a Casa Verde (centro social), o parque infantil e a igrexa.
Estas actuacións teñen un orzamento global de 397.398,51 euros.
O portavoz do goberno local, Raimundo González Carballo, sinalou que se vai a proceder á integración paisaxística e funcional deste equipamentos. Os traballos a desenvolver faranse cos parámetros de calidade urbana que se están a implantar en toda a cidade.
Entre as actuacións previstas está a construción dun auditorio ao aire libre entre a Casa da Xunta de Montes e a Casa Verde.
González Carballo lembra que o proxecto aprobado conta coa aval da veciñanza xa que o movemento asociativo de Salcedo participou dun xeito activo con suxestións ao longo de todo o proceso de redacción.