Éxito de comensais na Festa dos Callos de Forzáns
Por Redacción
Os veciños de Forzáns en Ponte Caldelas celebraron a novena edición da Festa de Exaltación dos Callos, dentro dos actos que levan a cabo para conmemorar o décimo aniversario da fundación da Asociación cultural O Torreiro.
Este evento contou coa presenza de numeroso público no Centro Sociocultural de Forzáns e ao que non faltaron o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e os concelleiros do BNG, Lito Muíños e Manuel Barreiro, ademais dos do PP, Inés Sánchez e Ricardo Castro. Tamén participou da festa o portavoz do PSOE na Lama, Enrique Vaqueiro.
Os callos prepáranse neste evento ao estilo da zona coa presenza de especies, unha receita que gardan en segredo as persoas relacionadas coa actividade culinaria na parroquia.
Durante a festa foron homenaxeados os irmáns Carlos e Santiago Barros, promotores da Feira Antiga dos Camiños dos Arrieiros-Homenaxe aos Vellos Oficios, que en 2009 pasou a formar parte dos actos da Festa da Batalla.
Está previsto tamén que o 25 de xuño se inaugure unha exposición fotográfica dos 10 anos de historia de O Torreiro.