Os socialistas piden ao PP provincial que retire unha moción por "bochornosa"
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo provincial do Partido Socialista na Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, instou aos deputados do Partido Popular a que retiren unha moción por "bochornosa". Trátase dunha iniciativa pola que os populares pedirán á Deputación que asuma un terzo do financiamento dos danos producidos polos temporais do pasado inverno nos concellos.
López Font que participou xunto aos representantes das outras catro deputaciones galegas nunha reunión coa Xunta para abordar este problema, reiterou que o goberno autonómico debe asumir a totalidade destes custos, xa que son a súa competencia exclusiva. Esta tese é compartida polas deputaciones de Coruña e Lugo, segundo López Font.
Deste xeito rexeitou a proposta da Vicepresidencia da Xunta, que fai súa o PP provincial, para que a Deputación asuma un terzo do total de cada actuación, pretendendo que o resto o paguen entre o goberno galego e os concellos afectados, o que definiu como a "teoría dos terzos".
Font esixiu que a Xunta recupere a fórmula que aplicaba o goberno do socialista Emilio Pérez Touriño ou aos que aplicaba o propio Núñez Feijoo no 2010, cunha menor carga para a Deputación e os concellos.
O grupo provincial do Partido Socialista presentarán unha moción neste sentido.