A lei de reforma local impide que a Deputación e o Concello sigan financiando a UNED
Por Oskar Viéitez
O secretario do Pleno da Deputación de Pontevedra emitiu un informe no que advirte ao goberno provincial que a partir do próximo un de xaneiro, a Lei de Racionalización Sustentabilidade da Administración Local prohibe á institución provincial e aos concellos seguir financiando a institucións educativas, entre as que está a UNED, os seus centros asociados e as súas aulas.
Este informe técnico sinala esta limitación nas competencias da Deputación advertindo aos responsables provinciais para a elaboración do próximo orzamento.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou a súa "enorme preocupación" polas consecuencias que terá esta medida xa que o diñeiro que destinan á UNED os concellos de Pontevedra, Vigo, Tui e a propia Deputación supoñen o 33% dos ingresos deste centro da universidade a distancia.
Carmela Silva reclamou a paralización da entrada en vigor desta medida, que considera "gravísima" porque "fará inviable que a Uned poida seguir prestando os seus servizos".
Relacionadas:
-
A Deputación aplaude o cambio legal que permite que poida seguir financiando a UNED
Por Redacción |
-
A UNED de Pontevedra, un dos tres centros de España que mantén cursos de verán en centros penitenciarios
Por Redacción |
-
A UNED oferta este verán cursos sobre calidade alimentaria, política criminal, arteterapia e neuropsicoloxía
Por Redacción |
-
Comezan os exames para máis de cinco mil alumnos da UNED de Pontevedra
Por Redacción |