Comezan os exames para máis de cinco mil alumnos da UNED de Pontevedra
Por Redacción
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra acolle desde este luns e ata o 10 de xuño o segundo período de probas presenciais do presente curso académico.
Máis de cinco mil alumnos de Grao, Máster, Acceso á Universidade para maiores de 25 anos e Centro Universitario de Idiomas terán que realizar esta semana os seus exames finais.
Esta primeira semana de exames prolongarase ata o venres 29 de maio e a segunda comezará o 6 de xuño, finalizando o día 10.
Na pasada convocatoria, de xuño de 2015, o balance das probas presenciais da UNED saldouse cun total de 260.937 exames realizados, e 744 profesores desprazados para integrarse nos 209 tribunais dos centros ssociados.
Relacionadas:
-
A lei de reforma local impide que a Deputación e o Concello sigan financiando a UNED
Por Oskar Viéitez |
-
Os Campos convértese en "unha entrada digna" a Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
A UNED organiza un obradoiro para buscar emprego na Unión Europea
Por Redacción |
-
O centro asociado da UNED de Pontevedra inaugura a súa Aula Magna
Por Mónica Patxot |