Emprendedores, autónomos e freelances daranse cita no Summer Investment Forum de AJE
Por Redacción
Ao longo da última semana de xuño e os primeiros días de xullo, a sede da Asociación de Novos Empresarios (AJE) de Pontevedra transformarase nun punto de encontro entre investidores privados, redes de business angels e emprendedores, o Summer Investment Forum.
O Summer Investment Forum está financiado polo IGAPE e organizado por AJE e preséntase como un espazo de encontro con proxectos empresariais de alto potencial de crecemento e xeración de emprego. Terá formato de lonxa de financiamento e todos os interesados poderán inscribirse ata o día 23 de xuño no correo comunicacion@eosa.com ou ben a través do teléfono 986 419 922 (ext.2015).
A partir do 23 de xuño realizarase unha seleccion de 12 proxectos como máximo. Toda a información e bases de participación están a disposicón na web de Aje Pontevedra.
Previo ao foro desenvolverase unha Venture Academy, tres sesións de formación que levarán a cabo os días 28 de xuño e 4 e 7 de xullo. Nesas tres xornadas darase apoio técnico e realizarase un seguimento dos proxectos seleccionados co obxectivo de preparalos para conseguir unha boa defensa e venda dos mesmos no foro de financiamento.
Toda esta aprendizaxe terá lugar no Investment Forum, onde os 12 proxectos terán que defender as súas propostas antes diferentes entidades de financiamento e business angels. O encontro pecharase con reunións bilaterais e un networking cocktail.