Juan Carlos I, nova fin de semana de regata e victoria na Ría de Pontevedra
Por Redacción
A participación do rei emérito de España, Juan Carlos I, nas regatas oficiais da clase 6M de vela deixáronlle, ata o momento, o mellor resultado posible. Se a fin de semana do 22 e 22 de maio se converteu en gañador do I Trofeo 6M Almirante Rodríguez Toubes, esta fin de semana levou a casa o trofeo da primeira edición do Trofeo Viaxes InterRías. Leva dous de dous.
A entrega de premios do Trofeo Viaxes InterRías clausurou este domingo esta segunda regata da clase 6M que se disputa en Sanxenxo co 'Gallant' do armador José Cusí e patroneado por Juan Carlos I como vencedor final, seguido do 'Erica' de Violeta Álvarez e o 'Caprice' de José Luis Angoso.
O vento impediu este domingo montar o campo de regatas para o percorrido costeiro que se tería que disputar ao longo da xornada. Si se disputou na xornada inaugural do sábado unha regata costeira en augas da Ría de Pontevedra, na que que se impuxo o 'Gallant' patroneado polo rei emérito.
A do sábado foi unha emocionante primeira proba, con man a man incluído e un 'Erica' que se estreaba na frota de 6M e que liderou practicamente toda a regata, ata no último tramo o 'Gallant' tomou a dianteira para cruzar a liña de chegada cun minuto de vantaxe sobre o clásico armado e patroneado pola venezolana Violeta Álvarez.
Relacionadas:
-
Volven as regatas a Sanxenxo e con elas o rei emérito
Por Redacción |
-
Unha fin de semana redonda para Juan Carlos I en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O rei Juan Carlos I, inscrito para a regata final do Trofeo Presidente da Xunta
Por Redacción |
-
"En Galicia nunca chove", bromea o rei emérito
Por Mónica Patxot |
-
Juan Carlos I, entre Sanxenxo e Marín: "Volver a la Escuela Naval en un ambiente tan relajado ha sido magnífico"
Por Redacción |
-
Juan Carlos I volve a Sanxenxo... para competir
Por Redacción |
-
O Rei Don Juan Carlos, de novo en Sanxenxo
Por Redacción |