Barro programa Espazos de Lecer para nenos durante os meses de xullo e agosto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dende o 27 de xuño darán comezo no Concello de Barro as actividades do Espazo de Lecer que se van realizar na Biblioteca Municipal, a cargo do persoal do concello e do proxecto de voluntariado xuvenil: "Eu son un artista" e que rematarán o 30 de xullo.
Nestas actividades dirixidas a nenos de entre 4 e 12 anos inscritos previamente, realizaranse actividades de lectura, manualidades e obradoiros, orientados á creatividade e a igualdade de xénero. Os rapaces aprenderán a facer entre outras cousas: curtas en stop motion, análise e reprodución de cadros famosos, gravación dun podcast, bailes, etc.
No mes de agosto coa intención de ofrecer as familias a posibilidade de conciliar a vida laboral co período vacacional dos seus fillos, o concello pon en funcionamento un Espazo de Lecer no Pazo no que se poden inscribir rapaces de 4 a 12 anos.
O período de inscrición estará aberto ata o 22 de xullo e terá un prezo de 60 euros por neno.