Os pontevedreses incrementarán un 4% o seu gasto en rebaixas, ata 49 euros de media
Por Oskar Viéitez
As rebaixas de verán nas grandes cadeas comerciais e na maioría do comercio, comezan o 1 de xullo ata primeiros de setembro. Con tal motivo a Federación Provincial de Comercio elaborou un estudo que conclúe que a media de gasto estimada por consumidor nas 10 comarcas da provincia de Pontevedra é de 49 euros.
Espérase que as vendas durante os meses de xullo e agosto de 2016, teña un 4% de incremento do gasto.
As baixas vendas rexistradas nos meses de maio e xuño motivadas polo mal tempo poderán verse resarcidas grazas á calor e o bo tempo prognosticado para xullo e agosto, iso si, a Federación matiza que para poder conseguir os obxectivos que se impuxeron, os comercios terán que rebaixar os artigos e por tanto recortase a súa marxe de beneficios.
A patronal dos comerciantes pontevedreses tamén lembra que un 35% do comercio da provincia de Pontevedra, principalmente as grandes cidades, levan máis de dous meses con descontos especiais, vendas extraordinarias, que nalgúns casos oscilan entre un 50% e un 60%.
Municipio | Población | Gasto | Total |
Pontevedra | 82.934 | 52,04 | 4.315.885,36 euros |
Poio | 16.767 | 51,18 | 858.135,06 euros |
Barro | 3.712 | 48,89 | 181.479,68 euros |
Campo Lameiro | 1.982 | 48,15 | 95.433,30 euros |
Cotobade | 4.359 | 48,85 | 212.937,15 euros |
A Lama | 2.862 | 49,18 | 140.753,16 euros |
Ponte Caldelas | 5.668 | 49,85 | 282.549,80 euros |
Vilaboa | 5.848 | 51,24 | 299.066,72 euros |
TOTAL | 124.132 | 51,45 | 6.386.240,23 euros |