Xuízo ao responsable dun club por ter ilegais a 12 mozas de alterne
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para o vindeiro martes un xuízo contra o responsable dun local de alterne. Con todo, do mesmo xeito que sucedeu a pasada semana co club Mont Parnasse, non é un delito de prostitución o que se xulga senón un delito contra os dereitos dos traballadores.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Fiscalía pide tres anos de prisión para V. M. A., responsable deste club situado no partido xudicial do Porriño.
No escrito de acusación do Ministerio Público explica que nunha inspección no club dos 14 traballadores só dous estaban dados de alta no Réxime da Seguridade Social.
Do resto, seis deles non estaban dados de alta na Seguridade Social e outros seis carecían do permiso de traballo, entre elas nove mulleres que realizaban funcións de alterne no local.
A Fiscalía tamén solicita a súa inhabilitación para o cargo de administrador, o pago dunha multa e a clausura do local por cinco anos.
Relacionadas:
-
Suspendida a festa do club de alterne "Mont Parnasse" con churrasco e camareiras en top less
Por Oskar Viéitez |
-
Piden tres anos de cárcere ao dono dun club de alterne por non dar de alta a 12 mulleres
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía pide que se clausure tres anos o club de alterne 'Montparnasse' por non dar de alta os seus traballadores
Por Natalia Puga |
-
Unha menor obrigada a prostituirse cóntao nun autobús Madrid-Pontevedra e conseguen liberala
Por Redacción |
-
Inmigración clandestina, trata de seres humanos e 'vudú' danse cita na Audiencia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |