Protexerse na nenez para non padecer cancro de pel na vellez
Por Mónica Patxot
A xunta provincial da Asociación española contra o cancro de Pontevedra inicia esta semana a súa campaña de prevención solar deste verán 2016 en toda a provincia, baixo o lema "O Sol pode deixar unha pegada indeleble na túa pel"
Así instalarán carpas e meses informativas de 11:00 a 13:00 horas en:
- Cambados: mércores 06 de xullo
- Marín: xoves 07 de xullo.
- Bueu: martes 12 de xullo
- Vilagarcía: xoves 14 de xullo
- O Grove: venres 15 de xullo
- Sanxenxo: luns 18 de xullo
Para concienciar a todos os cidadáns da importancia de non relaxarse fronte aos raios, os voluntarios da Asociación Contra o Cancro (AECC) non só van aconsellar sobre como protexerse adecuadamente da radiación, tamén entregarán mostras de leite solar de alta protección.
A partir dos dez anos detectouse unha relaxación nas medidas de protección fronte aos raios solares. Os nenos resístense a levar gorras e os adolescentes esquécense de acubillarse á sombra nas horas altas do sol e de renovarse a capa de crema cada dúas horas ou despois do baño.
O que a estas idades son manchas vermellas e queimaduras supoñen un incremento das posibilidades de desenvolver un cancro de pel na idade adulta.
Os tumores cutáneos son os máis comúns e hoxe os dermatólogos asisten a un incremento anual dun 10% dos casos, en parte porque se detectan antes.
As recomendacións da AECC sobre prevención solar van desde:
- Beber auga abundantemente durante a exposición solar.
- Protexerse do sol de forma adecuada ao facer deporte aínda que estea nubrado.
- Utilizar unha crema axustada ao fototipo de pel, así como gorros, antucas, camisetas...
- Evitar permanecer moito tempo expostos ao sol sobre todo na franxa horaria de 12:00 a 16:00