En Pontevedra, un avogado de quenda de oficio cobra 2 euros a hora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Con motivo do vixésimo aniversario da Lei de Asistencia Xurídica Gratuíta que se celebra este 12 de xullo, o Colexio de Avogados de Pontevedra advertiu da "urgente necesidad" de reformar este marco legal para compasala á quenda de oficio co obxectivo de ofrecer aos cidadáns carentes de medios, un avogado e, así mesmo unha "compensación digna" para este.
A retribución media que percibe o avogado da quenda de oficio rolda os 130 euros por expediente.
O Colexio de Avogados de Pontevedra conta con 483 adscritos á quenda de oficio penal, 519 ao de Civil, 235 na quenda Contenciosa-Administrativo e 194 no social. A asistencia para detidos está prestada por 444 letrados.
En rolda de prensa, o decano dos avogados pontevedreses, Ramón Jáudenes, rexeitou plenamente "a privatización dos servizos de asesoramento de violencia, os presos e os migrantes, "oponiéndonos a la mercantilización de la prestación de estos servicios".
En España este servizo é prestado por 43.800 avogados "24 horas ao día, 365 días ao ano". O gasto en xustiza gratuíta foi o pasado ano de 227,1 millóns de euros, 27,5 millóns menos que no ano 2011. Isto supón que o investimento por cidadán foi de 4,47 euros ao ano, en Galicia este investimento medio é de 3,66 euros ao ano.
Segundo explicou Ramón Jáudenes, a caída débese fundamentalmente ao recorte no que cobran os avogados de quenda de oficio: 2 euros a hora.
Ao contrario do que ocorre noutras comunidades autónomas onde pagan aos letrados cun ano de atraso, a Xunta "paga a tiempo" grazas ao "esfuerzo ímprobo" que fixo o goberno galego para corrixir os atrasos, dixo Jáudenes.
Aínda que o Colexio de Avogados de Pontevedra ocupa o primeiro lugar en Galicia en canto a asistencia letrada con 4.917 asuntos, en canto ao número de expedientes o colexio pontevedrés sitúase en segundo lugar na Comunidade Autónoma cun total de 12.263 asuntos, fronte aos 12.696 da Coruña, 9.045 de Vigo, 5.568 de Lugo, 5.273 de Ourense, 3.928 de Santiago de Compostela, 3.643 de Ferrol.
Entre outras circunstancias o gran volume de traballo do colexio pontevedrés "refleja que esta zona está siendo muy castigada por la crisis", segundo o decano, "y el gran esfuerzo de los compañeros" adscritos a este servizo que cada ano é auditado por unha empresa externa reflectindo un "alto índice de satisfacción" dos cidadáns atendidos.
Finalmente, o decano, Ramón Jáudenes, leu un manifesto no que a avogacía española "reitera y alza la voz" en favor dos dereitos dos refuxiados, instando o Goberno de España e á Unión Europea "para el escrupuloso cumplimiento de los tratados internacionales" e a que dean "muestras de solidariedad" ante o drama dos migrantes que foxen da guerra e das persecucións.
Relacionadas:
-
O 4,6% dos servizos de xustiza gratuíta son para atender a casos de violencia de xénero
Por Natalia Puga |
-
A Xustiza gratuíta en Pontevedra: 531 avogados atenden 12.706 asuntos nun ano
Por Natalia Puga |
-
Un de cada dous avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio, máis que a media estatal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Colexio de Avogados dá a benvida a 22 novos letrados
Por Redacción |
-
Medio millar de avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio
Por Redacción |
-
Os avogados de Pontevedra, líderes galegos en tramitación de Xustiza gratuíta
Por Redacción |
-
Doce benvidas ao mundo do Dereito pontevedrés
Por Redacción |