Unha divertida carreira contra as barreiras
Por Redacción
Amencer-ASPACE cumpliu o pasado mes de maio 25 anos de historia na nosa cidade e contou cun programa moi amplo de actividades para achegar a realidade das persoas con parálise cerebral á sociedade pontevedresa. Unha delas foi a iniciativa "Pontevedra Exprés" que tivo lugar este venres, de 11 a 13.00 horas polas rúas da Zona Monumental.
Esta actividade consistiu na realización dunha xinkana na que os participantes tiveron que ir descubrindo diferentes partes de Pontevedra en base a unhas pistas que lle entregaron os membros da organización no momento da saída na Casa da Luz.
Ademáis de descubrir espazos, os participantes tiveron que pasar por diversas probas ao longo das dúas horas de duración da xincana.
Os participantes dividíronse en dez grupos de sete persoas que realizaron un percorrido turístico mentras resolvían numerosas pistas e superaban diversas probas, acudindo a varios puntos nos que debían sacarse unha fotografía e enviala á central da asociación para que fose validada e así puidesen seguir o camiño ata cruzar toda a cidade do Lérez.
O obxectivo da proba era divertirse mentras se localizaban as zonas de Pontevedra que non chegan a ter a suficiente accesibilidade para persoas que camiñan en cadeira de rodas ou que conten con algún tipo de discapacidade física.