A comarca de Pontevedra rexistrou 8.289 contratacións en xuño
Por Oskar Viéitez
Na comarca de Pontevedra, que conforma o concello da capital xunto aos municipios de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo asináronse un total de 8.289 contratos no mes de xuño.
O sector servizos foi o gran motor destas contratacións, é dicir, está directamente relacionado co turismo de verán.
Segundo os datos achegados polo sindicato UXT Pontevedra-Arousa, estas cifras supoñen un aumento nas contratacións dun 43 por cento respecto ao mes de maio, e se se compara co mes de xuño do ano pasado son 817 contratos máis.
O secretario intercomarcal de UXT, Ramón Vidal alerta do carácter eventual da gran maioría dos traballos creados xa que son contratos temporais.
O SALNÉS
Na comarca do Salnés tan só catro de cada cen contratos asinados no mes de xuño foron indefinidos segundo os datos obtidos polo Servizo Público de Emprego (SEPE).
Nos nove municipios da comarca arousá formalizáronse en xuño 6.037 contratos.