Retiran 300 quilos de lixo nunha xornada de limpeza do río Gafos
Por Redacción
Un total de 23 voluntarios participaron este domingo na terceira xornada da campaña de limpeza do río Gafos 2016 que organiza a asociación Vaipolorío.
Divididos en tres grupos de traballo as labouras de limpeza centráronse no tramo rural de Tomeza.
Nesta ocasión, os membros de Vaipolorío contaron coa axuda da Asociación Juan XXIII de Pontevedra.
Despois de varias horas de traballo retiráronse uns 300 quilos de lixo do río.
O vindeiro domingo renovaranse estes labores de limpeza. Aquelas persoas interesadas en participar teñen que acudir ás dez da mañá á entrada da estación de autobuses de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Vaipolorío retira do Gafos outros 200 quilos de residuos, sumando máis de 1.200 este ano
Por Redacción |
-
Retiran 350 quilos de lixo do río Gafos nunha nova xornada de limpeza de Vaipolorío
Por Redacción |
-
A APDR e Vaipolorío rexeitan participar con ENCE nunha mesa polo saneamento da ría
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Vaipolorío pide axuda para recuperar dúas rozadoras que lles roubaron
Por Redacción |