Boa evolución da píllara das dunas na Praia da Lanzada
Por Redacción
A pesares da alta ocupación da praia da Lanzada nestes dı́as as pı́llaras nacidas no areal nestes meses evolucionan moi ben. Representantes de SEO Asturias estiveron nestes dı́as visitando os niños xa que tiñan un especial interese en ver unha especie que desapareceu das súas costas nos anos setenta.
Segundo as informacións recibidas polos responsables de SEO Birdlife os polos están bastante crecidos e algúns incluso xa emplumados facendo pequenos voos. A boa nova tamén estivo no avistamento de novos exemplares na zona.
Ademais diso os membros de SEO Birdlife desprazados na praia aproveitaron a ocasión explicar algúns dos numerosos visitantes da praia esta iniciativa de conservación medioambiental facendo educación ambiental entre os bañistas.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza dependente da Consellerı́a de Medio Ambiente da Xunta de Galicia ten establecido unhas normas fundamentais de conservación dos areais, especialmente naqueles casos nos que, como sucede na praia da Lanzada, existen especies especialmente protexibles.