Touradas fóra de Pontevedra 'ficha' á actriz Mayka Braña para a súa manifestación do 13 de agosto
Por Redacción
O colectivo animalista Touradas fóra de Pontevedra anunciou este venres que a actriz Mayka Braña será a encargada de ler o manifesto na manifestación antitaurina que partirá da praza da Peregrina o próximo sábadp 13 de agosto ás 20.00 horas para percorrer varias rúas do centro.
Desde Touradas fóra de Pontevedra destacan que para eles é "un orgullo contar cunha persoa como Mayka" para dar voz ás súas reivindicacións e as de todos os cidadáns que apostan por "unhas festas sen tortura animal".
O colectivo xa avanzou que este ano centrará as reivindicacións da manifestación en solicitar á Xunta de Galicia que suprima a excepción das corridas de touros na Lei de Protección Animal "xa que ampara unha práctica cruel e vergoñosa", explicaron os portavoces.
A mobilización antitaurina tamén esixirá ao Concello de Pontevedra a supresión do convenio asinado coa empresa propietaria da praza de touros polo cal entregará este ano 38.000 euros e que entenden que "servirán indirectamente para o financiamento da feira taurina de agosto".
A mobilización coincidirá coa Feira da Peregrina que este ano reúne a figuras como Morante, Juli ou Manzanares e a valores emerxentes como Roca Rey e López Simón e ademais de matadores con gran tirón popular como O Fandi e Cayetano Rivera.
Relacionadas:
-
Antitaurinos saen á rúa na manifestación máis numerosa en sete anos
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Un 'photocall' como aperitivo á manifestación antitaurina
Por Redacción |
-
Colectivos antitaurinos quentan motores para a manifestación do 13 de agosto cun acto político
Por Redacción |
-
Piden aos políticos a súa presenza na protesta antitaurina
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha mobilización antitouradas coincidindo coa celebración da Feira da Peregrina
Por Redacción |
-
20 colectivos e 45 persoeiros da cultura, a arte e a educación asinan un manifesto contra as touradas
Por Redacción & Mónica Patxot |